martes, 23 de abril de 2013

Remember the milk

A modiño imos chegando ao remate do curso. Miro a tarefa final e, como xa vai sendo costume en #PLE_INTEF, quedo abraiado. Pódese facer todo eso en menos dunha semana?
A tarefa que máis me atrae é a estratexia que permita traballar durante un curso o desenvolvemento dun PLE do alumnado, pero non me vexo capacitado para realizala. A lo menos neste momento. Necesitaría resolver antes algúns temas pendentes e, sobre todo, voltar a dar clase para estar máis en contacto co alumnado.
Decidinme pola opción 1 por que a semana pasada presentamos unha web cunha sección onde queremos presentar ferramentas comentando as súas aplicacións educativas. Teño a esperanza de que algunha das que comente aquí poda servirme para a web. O malo dos grandes proxecto é que hai que alimentalos.
Como creo que se describo nun artigo as 7 ferramentas pedidas vai ser inmenso vou facer varios aos que poñerei a etiqueta proxecto_final.

Comezo con Remember the milk, un xestor de tarefas que permite organizar o traballo pendente mediante listas de tarefas organizadas segundo unha data final de realización, prioridade, lugar de realización, URL, compartilas con alguén... Algo parecido ao que facía hai uns anos coas servilletas das cafeterías pero en versión web.
Teño varias listas: traballo, tarefas na casa, comics pendentes de ler... Na lista do traballo solo organizar as tarefas con tres prioridades: as que teño que resolver hoxe, durante os próximos días e as non urxente, que soen rematar no limbo ata que pasan a ser urxentísimas. Tamén permite a organización por etiquetas
O programa pode enviar mensaxes ao correo coas tarefas pendentes do día. Tamén ao Skype ou ao móbil (solo movistar e vodafone).

Nunca o empreguei na aula, pero pode ser un sustituto ao Google Calendar, no que pedía que o alumnado progrme a data de entrega da tarefas, exames, etc. Tamén para facer listas de lecturas ou películas recomendadas, lugares a visitar... En traballos en grupo pode utilizarse unha lista compartida para o reparto das tarefas.
Remato con este vídeo de Berto Pena. Xa é un pouco antigo, do ano 2009, e o programa sufriu pequenos cambios co paso do tempo, pero é válido para coñecer o método do organización Getting Things Done.



Screencast #5: organízate con Remember the Milk from Berto Pena on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario