jueves, 25 de abril de 2013

Despedida

Esta é a última tarefa do curso, na que debemos mostrar o PLE actualizado tras dos meses de traballo:
Tamén crear dúas listas en Twitter, unha con persoas relacionadas co PLE e a outra relacionadas coas matemáticas.
A primeira vista aumentaron as ferramentas empregadas, sobre todo na parte de filtrar contidos e comunicación. Agrupei nunha nube os apartados de comunicar e compartir, que moitas veces están relacionados. Tamén fixen unha gran nube con actividades non relacioandas coas TIC.

Non sei o uso que darei a todas estas ferramentas dentro duns meses. As que non me gustan xa as deixo de utilizar hoxe. O blog péchase con este artigo e dentro de pouco estará no "cementerio de los blogs olvidados" (paradoxa: o cementerio dos blogs esquecidos é un blog esquecido).
Tampouco creo que use Symbaloo. Deixo un panel con enlaces a bancos de imaxes que me gustaría transferir a quen poda aproveitalo.
Ás empregadas na creación da infografía non vou darlles moito uso, pero quizais prepare algunha tarefa para clase na que recomende empregalas, seguindo o modelo de esquemat.
Outras hai que abandonalas de forma obrigada. Sego buscando alternativas ao Reader, non me acaban de convencer nin Feedly nin Bloglines.

Moitas xa as empregaba antes do curso: Diigo, Netvibes, Evernote, Hootsuite. Axudan co traballo cotiá e pensar en quedar sen elas é unha pesadilla.

E queda un gran banco de ferramentas en observación: Scoop.it, Friendfeed, Zoho e un montón que das que foron aparecenco no Twitter e nos foros do curso.

Tamén seguirei o traballo dun montón de xente coa que tiven relación no curso e me axudou nalgunha das tarefas. O titor e moitos compañeiros de fatigas dos que ía aprendendo segundo facíamos os traballos: , , , , , , , ... Moitas grazas e oxalá coincidamos noutra actividade similar.

Zoho docs

Zoho Docs é unha suite ofimática online, co seu procesador de texto, folla de cálculo e programa para crear presentacións. Está integrado nun espazo de traballo que permite crearse un escritorio persoal ou grupal, gardar imaxes, sons...
É unha das moitas ferramentas que ofrece Zoho, algunhas gratuítas e outras de pago.
Neste curso empreguei esta ferramenta en dúas tarefas, as presentacións no deseño do PLE e o procesador de texto na actividade de aula. Nos dous casos están integrados no blog co código que proporciona Zoho ao compartir os documentos.
Quédanme moitas ferramentas gratuítas por probar que poden ser interesantes para probar na aula: a wiki, meeting, projecs... As de pago prefiro nin miralas.

Yahoo Pipes

Yahoo Pipes non é un programa sinxelo. Nin para utilizalo nin para explicar a súa función. E ademáis non consigo que faga o que quero, o que quere dicir que vou pasar a tarde dándolle voltas.
Atopeino por casualidade cando me preguntaron como se podía poñer nunha páxina todas as noticias que aparecesen nos doce blogs dun grupo de traballo.Neste curso aprendín que eso era un bundle do Google Reader, pero daquela non o sabía.
A primeira solución atopada era moi sinxela, pero desapareceu pouco tempo despois. Mágoas da web 2.0. A segunda solución foi o Pipes, pero foi como matar moscas a cañonazos. A imaxe representa o que fixen para conseguilo:
Cando falamos das RSS no módulo 2 lembrei o Pipes e estiven uns días dándolle voltas. Dinme conta que pudo facerse de forma máis sinxela agrupando os blogs. Tamén de que o programa permite facer case calquera cousa coas fontes RSS, pero require coñecer todas as ferramentas que ofrece e saber combinalas.
E as veces non saen as cousas sinxelas.
Ahora intento que partindo de catro blogs donde comentan programas e ferramentas web 2.0 extraiga as noticias que conteñen unha palabra. Debe ser moi sinxelo, pero non o consigo. Hai que seguir probando.

miércoles, 24 de abril de 2013

Redes sociais profesionais

No curso #PLE_INTEF soamente falamos das redes xeralistas, pero hai varias redes sociais específicas para o profesorado nas que é aconsellable participar. Recoméndasme algunha máis?

Internet en el aula
Creada cunha rede Ning o ano 2008 coincidindo co congreso Internet en el aula que se celebrou simultánemente en catro cidades e ao que tiven a sorte de asistir na sede de Santander.
É unha rede moi activa, contínuamente están organizando talleres e webinars. Moi recomendable.


Didactalia
Creada con Gnoss, ten un apartado de recursos educativos impresionante. Está a punto de celebrar o III Congreso Didactalia os días 10 e 11 de maio en La Rioja.


Reduteka
De reciente creación a partir de Eduteka, páxina colombiana que non convén perder de vista para estar ao día nas novas tendencias educativas, traballo por proxectos, Scartch e moitos máis temas.


Rede da Organización de Estados Iberoamericanos
Nesta anoteime hai uns días para observar o foro Iberciencia: docentes de matemáticas polas metas educativas 2021. Tamén está creada con Ning.

HootSuite

Comecei a utilizar esta ferramenta como cliente de Twitter, pero pouco a pouco vou integrando varias ferramentas nela. No seu momento estiven dudando entre Hootsuite, Twitdeedk e Turpial. Comecei con Turpial por ser a única con licenza GPL e aínda a utilizo en ocasións, pero deixeina por ser unha ferramenta local. Despois paseime a Hootsuite para poder utilizala no ordenador do traballo.

Ao principio a usaba como viña de serie, con columnas para a cronoloxía, mencións, mensaxes directos e tweets enviados.
E se engado unha columna para o tag #PLE_INTEF? Feito.
E outra para a lista de profes de matemáticas? e outra para mensaxes que conteñen GeoGebra? e outra para...? Se estiro o navegador todo o que permiten as dúas pantallas do ordenador da oficina non me caben as columnas. Pero é moi cómodo telo todo a man con solo mover un poquiño a barra do navegador.
E podo usar Evernote desde Hootsuite? pois podo. Non podo facer o manexo de libretas da aplicación orixinal, pero podo editar as notas, borralas, poñer etiquetas... Aforro unha pestana do navegador, que no netbook se agradece.
E que pasa con Scoop.it? Teño unha columna co publicado pola xente que sigo e podo republicalo, tweetealo e darlles as grazas. Tamén hai unha columna na que podo facer buscas.
Onte probei a desviar o Google Reader a Hootsuite. De momento non o conseguín, pero non perdo a esperanza. E aínda quedan montón de ferramentas sen probar.

Este titorial de Ana Nieto Churruca está destinado á empresa, pero serve para facerse unha idea da utilidade do programa.

Netvibes

Entre as páxinas de inicio propostas no curso como alternativa a Symbaloo está Netvibes, un servizo que utilizo desde hai anos para gardar información de distinto tipo.
No ordenador da casa téñoo como páxina de inicio, cun panen donde podo ler o correo ou as últimas noticias aparecidas en xornais ou en blogs de lectura habitual. Tamén teño widgets cun calendario, o tempo, un espazo para notas, unha calculadora... Na páxina pode poñerse case calquera cousa de tres formas distintas: elixindo un dos complementos, un dos canais clasificados por categorías (noticias, deportes, viaxes,..) ou introducindo a fonte RSS.

A forma de engadir fontes é moi sinxela: na parte superior esquerda hai un botón verde co símbolo +, se elixe engadir unha fonte, poñemos o enderezo do rss e, cando a atopa, arrastramos o cadro ao lugar da páxina onde queremos velo.
Permite clasificar a información en pestanas, que poden ser privadas ou públicas.

Na clase téñoo utilizado para ver os blogs do alumnado nunha pantalla. Tamén para proporcionar enlaces ás seccións de tecnoloxía dos xornais, que utilizamos nunha actividade.
Tamén pode empregarse para crear o lifestream  en lugar do Tumblr ou o Frienfeed. Acabo de facelo e tiven problemas para incluír o Reader e o Diigo, pero creo que poden poñerse a través o ifttt.

Pódense atopar exemplos do uso de Netvibes polo profesorado. José Luis Gamboa ten unha completa colección de enlaces de páxinas de lingua española e literatura e a UNED una colección impresionante de referencias a recursos de diversos temas.
O seguinte titorial preparámolo no CFR de Lugo hai varios anos, pero o funcionamento case non cambiou:


martes, 23 de abril de 2013

Remember the milk

A modiño imos chegando ao remate do curso. Miro a tarefa final e, como xa vai sendo costume en #PLE_INTEF, quedo abraiado. Pódese facer todo eso en menos dunha semana?
A tarefa que máis me atrae é a estratexia que permita traballar durante un curso o desenvolvemento dun PLE do alumnado, pero non me vexo capacitado para realizala. A lo menos neste momento. Necesitaría resolver antes algúns temas pendentes e, sobre todo, voltar a dar clase para estar máis en contacto co alumnado.
Decidinme pola opción 1 por que a semana pasada presentamos unha web cunha sección onde queremos presentar ferramentas comentando as súas aplicacións educativas. Teño a esperanza de que algunha das que comente aquí poda servirme para a web. O malo dos grandes proxecto é que hai que alimentalos.
Como creo que se describo nun artigo as 7 ferramentas pedidas vai ser inmenso vou facer varios aos que poñerei a etiqueta proxecto_final.

Comezo con Remember the milk, un xestor de tarefas que permite organizar o traballo pendente mediante listas de tarefas organizadas segundo unha data final de realización, prioridade, lugar de realización, URL, compartilas con alguén... Algo parecido ao que facía hai uns anos coas servilletas das cafeterías pero en versión web.
Teño varias listas: traballo, tarefas na casa, comics pendentes de ler... Na lista do traballo solo organizar as tarefas con tres prioridades: as que teño que resolver hoxe, durante os próximos días e as non urxente, que soen rematar no limbo ata que pasan a ser urxentísimas. Tamén permite a organización por etiquetas
O programa pode enviar mensaxes ao correo coas tarefas pendentes do día. Tamén ao Skype ou ao móbil (solo movistar e vodafone).

Nunca o empreguei na aula, pero pode ser un sustituto ao Google Calendar, no que pedía que o alumnado progrme a data de entrega da tarefas, exames, etc. Tamén para facer listas de lecturas ou películas recomendadas, lugares a visitar... En traballos en grupo pode utilizarse unha lista compartida para o reparto das tarefas.
Remato con este vídeo de Berto Pena. Xa é un pouco antigo, do ano 2009, e o programa sufriu pequenos cambios co paso do tempo, pero é válido para coñecer o método do organización Getting Things Done.



Screencast #5: organízate con Remember the Milk from Berto Pena on Vimeo.

Deseño dunha actividade

Na tarefa 4.2 do curso PLE_INTEF pídese o deseño dunha actividade para levar á aula, tendo en conta a incorporación do PLE do alumando nela. Para realizar esta actividade adaptei unha vista no proxecto eTwinning GOAL! Go outside and learn, que acadou o premio nacional no 2012. Trátase dun estudo das ramplas de acceso para minusválidos no instituto.
O prantexamento está feito con pouco rigor, intentando sacar adiante as tarefas pendentes dun curso para as que fixen unha mala distribución do tempo. Antes de poñela en práctica hai que facer un deseño máis detallado e pensar en moitos detalles pendentes.

sábado, 13 de abril de 2013

Musiquiñas da fin de semana

Rogelio Botanz e Fabiola Socas - Amistades particulares

Hoxe estiven nun concerto de Rogelio Botanz no museo provincial de Lugo. Comezou cunha demostración de silbo gomero, xunto a dous rapaces alumnos seus, explicándo as características desta lingua.
A continuación, unhas cancións cantadas co único acompañamento da guitarra e a simpatía. Impresionante.

jueves, 11 de abril de 2013

Recursos fotográficos en Symbaloo

Seguindo coas tarefas do curso PLE_INTEF, e aproveitando que tiña ganas de ordenar un montón de recursos fotográficos na rede que tiña dispersos por varios sitios, agrupeinos todos nun taboleiro.

Panel Synbaloo con ferramentas fotográficas

Contén cinco tipos de recursos: información sobre fotografía (iconos marróns), ferramentas fotográficas online (laranxas), bancos de recursos con licenzas libres (azuis), bancos de recursos con copyright que me pareceron moi interesantes (rosas)  e lugares donde publico fotos (blancos).
Non estou moi contento co resultado. Quizáis elimine algunha ferramenta online para engadir algún banco que esquecín ao crear o taboleiro. Tamén ando explorando algún lugar de publicación, pensando en abandonar Picasa.

Panel Synbaloo co meu PLE
Tamén estou facendo outro taboleiro coas ferramentas que utilizo habitualmente, máis en consonancia co pedido no curso.
Téñoo sen terminar e non vou facelo público. Creeino para poñelo como páxina de inicio, pero creo que vou quedar co Netvibes.

Non me gusta Symbaloo. Non engade ningunha información aos botóns, se manteño a imaxe proposta polo sitio queda moi pequena en moitos casos e confundo os botóns ao ter todo tan apelotonado.
A colocación dos bloques paréceme farragosa. Como páxina de inicio vexo máis sinxelo creala directamente cun editor de HTML, tal como faciamos hai quince anos, ou poñer unha etiqueta no Diigo.
A orientación social da páxina paréceme escasa. Non vexo como facer comentarios nos paneis doutras persoas nin como crear un colaborativo, o que quizáis me decidiría a empregar o programa nalgunha actividade.
En fin, unha ferramenta que é interesante coñecer, pero á que non vou dar moito uso.

viernes, 5 de abril de 2013

Complementos do Firefox

No exercicio 3.4 temos que probar complementos do navegador. A primeira parte é moi fácil: temos que instalar Firefox ou Chrome. Teño instalados Firefox e Chromium, así que xa está ben. Vou empezar co firefox, que é o que uso máis a menudo.
Xa tiña instaladas a barra do do Diigo e botóns de Evernote, Clearly, DownloadHelper, Feedy e Scoop.it. Prevendo que pode aumentar o espazo da pantalla ocupado polos complementos pido un ordenador prestado: co meu netbook xa case non queda espazo para ver as páxinas. Preparo unha copiña de viño, poño un disco de Ben Webster no Deezer e empezo a buscar complementos.

SimilarWeb (http://www.similarweb.com/)
Esto o mostra cando estou en Symbaloo
Instala un iconiño na barra de navegación que, ao pulsar nel, mostra información da páxina que estou vendo e unha lista de páxinas similares. Se pulso cando estou en "La voz de Galicia" mostra un listado de xornais galegos.
Cando estou en Descartes non mostra nada parecido. Aparece o banco de imaxes do INTEF, páxinas de varias comunidades, Educared e Vitutor, a única relacionada coas matemáticas. En Geogebra.org parece que funciona mellor: vexo Geogebratube, a páxina de descargas en Softonic e varias ferramentas matemáticas. Teño que explorar Dynageo e Geonext, que non coñezo. Lástima que as páxinas están en alemán.

FVD Speed Dial with Full Online sync
Administración de FVD Speed Dial
Na explicación que ven na páxina de instalación parece unha maravilla: "Incluye botón Speed Dial, sincronización en línea, página de inicio en nueva pestaña, organizador de marcadores y grupos, fondos y diales personalizados, diales más visitados, ¡y mucho más!".
Cando reinicio o navegador non vexo ningún botón novo. Pulsando co botón dereito nalgún lugar da páxina vexo "Añadir a Speed Dial". De momento non lle dou, non sei que vai engadir nin donde.
Vou ao administrador de complementos e atopo unha sorpresa: de verdade hai que mirar todo esto para configurar unha extensión!
Parece que podo crear unha páxina de inicio coas páxinas marcadas. Algo similar a Symbaloo? Creo que esto vai dar para outro artigo do blog, así que de momento apárcoo. Voltarei a esta extensión ao rematar o curso.
Vaia! Ahora vexo o botoncillo que non vira antes entre  a caixa de enderezos e a do buscador. Pulsando nel abre unha pestana con enlaces a varias páxinas "populares". Confirmo que pode ser unha alternativa a Symbaloo, pero hai que explorar máis. Vexo unha ferramenta moi útil: garda as páxinas pechadas recentemente. Ideal para os que pechamos as máis interesantes antes de anotar o enderezo.

SimpleWebCapture
Esta xa a tiven instalada hai tempo e un día, misteriosamente, desapareceu. Permite gardar unha páxina web como imaxe en formato PNG, deixando gardala enteira, a área visible ou un elemento. Empregábaa como capturador de pantalla ao facer titoriais explicando as características dalgunha web. Non sei se é válida como ferramenta de creación.

Texto a voz
Non ten boa pinta. Xa no me gustou que ao reiniciar tras a instalación mostre a páxina de Babylon. Instala un botón na barra de complementos, e tamén funciona coa entrada "speak it" ao pulsar co botón dereito. Configuro o idioma castelán e voz de muller, abro o xornal público na nova que di que o tribunal constitucional portugués declara inconstitucionais media docena de recortes (un se ilusiona como pode), pulso no botón e... escoito un son intelixible. Miro noutra páxina e o mesmo. Xa está o complemento eliminado!

Esto levou máis tempo do que pensaba. Deixou de soar Ben Webster e ahora canta Omara Portuondo e o vasiño xa está baleiro. E cúmplese o da viñeta de Explosm.net que vin en Mangas Verdes:


Musiquiñas da fin de semana

Orballo - Eume

sábado, 30 de marzo de 2013

Matemáticas: software libre e utilidades en internet

Seguindo coas tarefas co curso, levo uns días pelexando co Scoop.it
A primeira dúbida foi na búsqueda do tema. Non quixen que fose moi xeral pola abundancia de recursos que podería atopar, o que non deixaría facer unha correcta avaliación do programa. Ao final decidinme software matemático, centrándome sobre todo no software libre, aínda que tamén vou engadir algunha ferramenta web.


Pulsando en Sugested content - Menage sources ábrense as ferramentas que permiten engadir fontes ou facer buscas en google, Youtube, Slideshare, etc. Primeiro engadín un montón de palabras no buscador: software libre, matemáticas, álxebra, análise, xeometría... Acabé borrando case todos. Os resultados obtidos obrigaban a pasar moito tempo seleccionando, sen contar con que palabras como análise ou funcións daban moitas páxinas non relacionadas coas matemáticas.
Ao final busquei ferramentas xa coñecidas (GeoGebra, Scilab...) e engadín enderezos de blogs de software libre, matemáticas e ferramentas web 2.0. Ao final os resultados están sendo bos, pero aínda hai moito que filtrar.

Dous fallos graves que cometín: nos recursos engadidos non estou poñendo etiquetas nin comentándoos. O das etiquetas pode ser moi importante no futuro para atopar recursos relacionados cunha ferramenta ou un tema. O de comentar os recursos propostos está dentro dos pecados capitais que cometen os malos curadores segundo a presentación de Ramiro Aduviri: non engadir valor adicional. Pero dame moita pereza, así que van quedar así.

En fin, que a ferramenta estame gustando e a vexo moi útil para buscar e seleccionar recursos, aínda sen ter intención de facer de curator.

viernes, 29 de marzo de 2013

Musiquiñas da fin de semana

Abe Rábade, Gaudí Galego e Anxo Angueira - Alborada de Rosalía
As ilustracións do vídeo son de Pepe Barro para o libro Cantares Galegos de Rosalía de Castro publicado por El Patito Editorial

martes, 26 de marzo de 2013

As competencias do content curator

Unha tarde chuviosa máis, estou ante un folio en branco pensando nunha tarefa do curso do INTEF "PLE: aprendizaje conectado en red". Nesta ocasión hai que reflexionar sobre as características que debe ter un content curator e deseñar un plan de mellora do meu perfil como curator.
O primeiro problema é que o "palabro" non axuda nad. Un plan de mellora en que? As alternativas "documentalista" e "intermediario crítico do coñecemento" fan pensar nunha tarefa ardua.
Como o texto da tarefa é abraiante, mellor seguir os catro pasos propostos, a ver a descomposición a facilita.

1 - Usando como guía esta rúbrica de autoevaluación que ya conoces y el gráfico de tu propio PLE, realizado en el bloque anterior del curso, identifica el nivel de madurez de tu presencia y participación digital y reflexiona sobre tus fortalezas y tus áreas de mejora.
Imaxe de nscap con licenza CC by-sa
Mirando a rúbrica, a presencia na rede ven marcada polos items B - Capacidade para participar en entornos virtuais, C - Capacidade para filtrar e clasificar a información da web segundo os intereses, E - Capacidade para compartir na rede e G - Capacidade para crear e xestionar unha identidade dixital. En case todos ando entre o 2 e o 3, a metade do aconsellable.
Parece que  hai moito marxe de mellora. Se hoube interese en participar na rede. No meu caso, falta o ingreciente principal.

2 - A partir de las ideas apuntadas en la documentación del curso ¿cuáles crees que deben ser las principales características de un buen Digital Content Curator y cuál es su valor dentro de una comunidad educativa?
O content curator debe buscar contidos na rede, organizalos, filtralos e compartilos. Debe ser un experto na temática que trata e coñecer técnicas de busca en internet e ferramentas que permitan catalogar e compartir a información.
Non teño claro cal é o seu valor na comunidade educativa. É innegable a utilidade de ter un lugar de referencia para obter información, pero pérdese todo o que pode aprenderse na busca. Chegamos rápido ao destino, pero perdemos o camiño. E Corremos o risco de utilizar un recurso recomendado polo curator sen ter en conta outros que, aínda que sexan peores poden ser máis apropiados na situación onde queremos utilizalo.
Tamén é un perigo quedarse cunha fonte única de información. Como cando solo tiñamos un canal de televisión ou cando lemos sempre o mesmo xornal por comodidade. Aínda non hai empresas que utilizan un content curator de prestíxio para recomendar sempre os seus produtos?

3 - Contrasta tus propias competencias como Content Curator con las identificadas durante el proceso de análisis de este perfil.
 Non parecen as mellores. Fáltame moita práctica con ferramentas de filtrado da información, así como capacidade para publicar os contidos nun entorno que permita mostrar a súa utilidade en clases de matemáticas.

4 - Diseña un plan de mejora de tu perfil como Curator de contenidos educativos.
Imaxe de Raphaelle Ridarch con licenza CC by-nc-sa
Ben, empecemos por buscar o público ao que poden ir dirixidos eses contidos. De entrada se me ocurren dous colectivos:
  • O alumnado. Máis que atopar e filtrar contidos cóstame prantexar tarefas abertas que lles sexan atractivas. Ademáis darlles os contidos seleccionados vai contra a recomendación de non quedarse cunha única fonte.
  • Compañeiros do departamento. Non creo que a mellor maneira de traballar con eles sexa o de "mira que almacén de recursos máis bonito creei. Aquí tés de tó". Para conseguir que vexan a utilidade dalgunha ferramenta hai que pasar un rato con eles explicando o seu funcionamento e poñendo exemplos de uso. Ademáis, o uso ten que partir dunha necesidade. Pasar unha tarde mirando a aplicación dos códigos QR (por poñer un exemplo) por que a mi me da a ventolera é a mellor forma de perder o tempo.
Bueno, deixemos aparcados os destinatarios de momento. Imos dar un repaso ás ferramentas seguindo as cinco etapas propostas (buscar, filtrar e organizar, agregar valor, compartir e xerar novos contidos) para detectar donde é necesaria a mellora.
Nas técnicas de busca non hai problema, incluso nalgunha ocasión tiven que explicar o funcionamento dos buscadores. En canto ás de filtrado e organización, utilizo Google Reader e Diigo dun xeito básico. O plan de mellora debe empezar profundizando nas súas características e, no caso do Reader, buscando alternativas.
A partir de aquí entro en territorio descoñecido. Nunca utilizara as ferramentas propostas para dar valor á información e no primeiro contacto non acabo de ver a súa utilidade. Haberá que insistir, a ver se o tempo fai que cambie a opinión.
En canto á publicación, sou un caso perdido. Non me gustan os blogs, e case todo o que fago remata nalgunha aula Moodle.

lunes, 18 de marzo de 2013

Cibercorresponsales

Cibercorresponsales é unha rede social e un periódico dixital para menores promovida pola Plataforma da Infancia. Todo o publicado está escrito por menores de 18 anos. As contas as debe crear un organismo (instituto, concello, asociación, etc.) que asigna a unha persoa responsable do grupo.
Ofrecen formación nas TIC e as redes sociais, unidades didácticas, apoio técnico e apoio na dinamización.

Entre as guías didácticas está "Identidad digital: quién quieres ser en internet?", de cuxo apartado "Que elementos me identifican" collín o texto para esta infografía. Unha das imaxes procede da mesma páxina e as restantes de Wikimedia Commons, Pixabai e Milimagenes.


martes, 12 de marzo de 2013

Reflexións sobre o meu PLN

Seguindo co curso PLE: Aprendizaxe conectado en rede, hoxe teño que facer un artigo sobre as miñas relacións con outras persoas e o meu papel nas redes sociais. Parece fácil, así que collo papel e lápiz para facer un esquema das comunidades nas que colaboro e atopo... a nada.
Imos máis despacio, que debín esquecer algo. Empezo por redes xeralistas, que valen para todo, vamos. Pero é que non participo en ningunha:
  •  En Facebook abrín unha conta para explicar o funcionamento nun curso e desde que rematou non volvín entrar. Miro se podo recuperala, pero esquecín a contrasinal e a data de nacemento, así que nada. E cando nacería eu en Facebook, se poño datas distintas en todos os sitios?
  • En Google+ teño a conta abandonada, como case todo o mundo. Cando publico algo en Picasa engádeo automáticamente, pero é o único que teño.
  • En Twitter móvome por cursos. Abrin a conta nun taller de Antonio Garrido para Internet en el aula e, ao remate, abandoneina. Ata que resucitou ao empezar este curso. Hai catro anos empreguei Twitter co alumnado de 1º bacharelato, nunha actividade na que tiñan que facer en grupos unha presentación explicando o funcionamento de OpenOffice. Tiñan que usar a rede para poñerse en contacto cos compañeiros do grupo, que non sabían quen eran. Despoís creaban un grupo en Google para organizar as tarefas e repartir funcións. Aproveitando, pedinlles que as consultas sobre a publicación no blog tamén as debían facer en Twitter. Ninguén preguntou nada, pero como o traballo o facían ben e remataron as constantes preguntas "Como fago...?" que había cada vez que tiñan que publicar algo non quixen investigar moito. Aínda non sei se calificar a experiencia como un éxito ou un rotundo fracaso.
  • Últimamente recibo moitas invitacións para entrar en Linkedin, pero non vou aceptalas. Que vou facer nunha rede profesional cando teño contados os días para a xubilación?
Ben, de aquí non saco nada. Sigamos repasando outro tipo de redes.Teño montón de contas abertas en redes de profesores nas que exerzo un papel de lurker moooi pasivo. Coa miña mala memoria lembro Internet en el aula, REDuteka, scolarTIC e Didactalia. Prefiro non intentar entrar ahora polo que poda pasar. En Galicia levamos un ano traballando en Redeiras, donde participo máis activamente, pero sen pasarme.

Máis me gusta participar en traballos concretos en servizos que, aínda que non sexan redes sociais, si teñen unha gran componente social. Por exemplo, en Flickr participei en SOS Caurel e en Diigo no grupo matemáticas compartidas. Tamén administrei varias redes Ning, a maioría das veces asociadas a actividades organizadas polo CFR de Lugo. E na prehistoria, antes de que faláramos de redes sociais, estiven en varios grupos de eListas (qué sorpresa! aínda existe!), nalgún deles participando activamente.
Bueno, creo que deixei destripada a miña vida social. Se o meu titor corrixe ao peso poñerá o sobresaínte, non?

Imaxees procedentes de Open Clip Art Library

lunes, 4 de marzo de 2013

viernes, 1 de marzo de 2013

O meu PLE

Non parece que teña moita vida dixital comparado cos exemplos que viñan na tarefa

jueves, 28 de febrero de 2013

Presentación

Empezo este blog como unha das tarefas do curso organizado polo INTEF "PLE: aprendizaje conectado en red".
Que fago eu neste curso? pois non o teño moi claro. Case non teño presenza en redes sociais nin foros educativos e tampouco ando moi solto por internet, así que parece un dos peores sitios onde podo meterme.
Un día vin unha presentación de David Álvarez sobre os PLE:


Taller 1: Mi Entorno Personal de Aprendizaje from david alvarez

e púsenme a almacenar información sobre o tema, pero sen centrarme moito nela. Cando vin o curso anoteime para forzarme un pouco.
O meu principal obxectivo é divertirme facéndoo. Se ademáis aprendo algo, pois moito mellor.