viernes, 5 de abril de 2013

Complementos do Firefox

No exercicio 3.4 temos que probar complementos do navegador. A primeira parte é moi fácil: temos que instalar Firefox ou Chrome. Teño instalados Firefox e Chromium, así que xa está ben. Vou empezar co firefox, que é o que uso máis a menudo.
Xa tiña instaladas a barra do do Diigo e botóns de Evernote, Clearly, DownloadHelper, Feedy e Scoop.it. Prevendo que pode aumentar o espazo da pantalla ocupado polos complementos pido un ordenador prestado: co meu netbook xa case non queda espazo para ver as páxinas. Preparo unha copiña de viño, poño un disco de Ben Webster no Deezer e empezo a buscar complementos.

SimilarWeb (http://www.similarweb.com/)
Esto o mostra cando estou en Symbaloo
Instala un iconiño na barra de navegación que, ao pulsar nel, mostra información da páxina que estou vendo e unha lista de páxinas similares. Se pulso cando estou en "La voz de Galicia" mostra un listado de xornais galegos.
Cando estou en Descartes non mostra nada parecido. Aparece o banco de imaxes do INTEF, páxinas de varias comunidades, Educared e Vitutor, a única relacionada coas matemáticas. En Geogebra.org parece que funciona mellor: vexo Geogebratube, a páxina de descargas en Softonic e varias ferramentas matemáticas. Teño que explorar Dynageo e Geonext, que non coñezo. Lástima que as páxinas están en alemán.

FVD Speed Dial with Full Online sync
Administración de FVD Speed Dial
Na explicación que ven na páxina de instalación parece unha maravilla: "Incluye botón Speed Dial, sincronización en línea, página de inicio en nueva pestaña, organizador de marcadores y grupos, fondos y diales personalizados, diales más visitados, ¡y mucho más!".
Cando reinicio o navegador non vexo ningún botón novo. Pulsando co botón dereito nalgún lugar da páxina vexo "Añadir a Speed Dial". De momento non lle dou, non sei que vai engadir nin donde.
Vou ao administrador de complementos e atopo unha sorpresa: de verdade hai que mirar todo esto para configurar unha extensión!
Parece que podo crear unha páxina de inicio coas páxinas marcadas. Algo similar a Symbaloo? Creo que esto vai dar para outro artigo do blog, así que de momento apárcoo. Voltarei a esta extensión ao rematar o curso.
Vaia! Ahora vexo o botoncillo que non vira antes entre  a caixa de enderezos e a do buscador. Pulsando nel abre unha pestana con enlaces a varias páxinas "populares". Confirmo que pode ser unha alternativa a Symbaloo, pero hai que explorar máis. Vexo unha ferramenta moi útil: garda as páxinas pechadas recentemente. Ideal para os que pechamos as máis interesantes antes de anotar o enderezo.

SimpleWebCapture
Esta xa a tiven instalada hai tempo e un día, misteriosamente, desapareceu. Permite gardar unha páxina web como imaxe en formato PNG, deixando gardala enteira, a área visible ou un elemento. Empregábaa como capturador de pantalla ao facer titoriais explicando as características dalgunha web. Non sei se é válida como ferramenta de creación.

Texto a voz
Non ten boa pinta. Xa no me gustou que ao reiniciar tras a instalación mostre a páxina de Babylon. Instala un botón na barra de complementos, e tamén funciona coa entrada "speak it" ao pulsar co botón dereito. Configuro o idioma castelán e voz de muller, abro o xornal público na nova que di que o tribunal constitucional portugués declara inconstitucionais media docena de recortes (un se ilusiona como pode), pulso no botón e... escoito un son intelixible. Miro noutra páxina e o mesmo. Xa está o complemento eliminado!

Esto levou máis tempo do que pensaba. Deixou de soar Ben Webster e ahora canta Omara Portuondo e o vasiño xa está baleiro. E cúmplese o da viñeta de Explosm.net que vin en Mangas Verdes:


No hay comentarios:

Publicar un comentario