sábado, 30 de marzo de 2013

Matemáticas: software libre e utilidades en internet

Seguindo coas tarefas co curso, levo uns días pelexando co Scoop.it
A primeira dúbida foi na búsqueda do tema. Non quixen que fose moi xeral pola abundancia de recursos que podería atopar, o que non deixaría facer unha correcta avaliación do programa. Ao final decidinme software matemático, centrándome sobre todo no software libre, aínda que tamén vou engadir algunha ferramenta web.


Pulsando en Sugested content - Menage sources ábrense as ferramentas que permiten engadir fontes ou facer buscas en google, Youtube, Slideshare, etc. Primeiro engadín un montón de palabras no buscador: software libre, matemáticas, álxebra, análise, xeometría... Acabé borrando case todos. Os resultados obtidos obrigaban a pasar moito tempo seleccionando, sen contar con que palabras como análise ou funcións daban moitas páxinas non relacionadas coas matemáticas.
Ao final busquei ferramentas xa coñecidas (GeoGebra, Scilab...) e engadín enderezos de blogs de software libre, matemáticas e ferramentas web 2.0. Ao final os resultados están sendo bos, pero aínda hai moito que filtrar.

Dous fallos graves que cometín: nos recursos engadidos non estou poñendo etiquetas nin comentándoos. O das etiquetas pode ser moi importante no futuro para atopar recursos relacionados cunha ferramenta ou un tema. O de comentar os recursos propostos está dentro dos pecados capitais que cometen os malos curadores segundo a presentación de Ramiro Aduviri: non engadir valor adicional. Pero dame moita pereza, así que van quedar así.

En fin, que a ferramenta estame gustando e a vexo moi útil para buscar e seleccionar recursos, aínda sen ter intención de facer de curator.

viernes, 29 de marzo de 2013

Musiquiñas da fin de semana

Abe Rábade, Gaudí Galego e Anxo Angueira - Alborada de Rosalía
As ilustracións do vídeo son de Pepe Barro para o libro Cantares Galegos de Rosalía de Castro publicado por El Patito Editorial

martes, 26 de marzo de 2013

As competencias do content curator

Unha tarde chuviosa máis, estou ante un folio en branco pensando nunha tarefa do curso do INTEF "PLE: aprendizaje conectado en red". Nesta ocasión hai que reflexionar sobre as características que debe ter un content curator e deseñar un plan de mellora do meu perfil como curator.
O primeiro problema é que o "palabro" non axuda nad. Un plan de mellora en que? As alternativas "documentalista" e "intermediario crítico do coñecemento" fan pensar nunha tarefa ardua.
Como o texto da tarefa é abraiante, mellor seguir os catro pasos propostos, a ver a descomposición a facilita.

1 - Usando como guía esta rúbrica de autoevaluación que ya conoces y el gráfico de tu propio PLE, realizado en el bloque anterior del curso, identifica el nivel de madurez de tu presencia y participación digital y reflexiona sobre tus fortalezas y tus áreas de mejora.
Imaxe de nscap con licenza CC by-sa
Mirando a rúbrica, a presencia na rede ven marcada polos items B - Capacidade para participar en entornos virtuais, C - Capacidade para filtrar e clasificar a información da web segundo os intereses, E - Capacidade para compartir na rede e G - Capacidade para crear e xestionar unha identidade dixital. En case todos ando entre o 2 e o 3, a metade do aconsellable.
Parece que  hai moito marxe de mellora. Se hoube interese en participar na rede. No meu caso, falta o ingreciente principal.

2 - A partir de las ideas apuntadas en la documentación del curso ¿cuáles crees que deben ser las principales características de un buen Digital Content Curator y cuál es su valor dentro de una comunidad educativa?
O content curator debe buscar contidos na rede, organizalos, filtralos e compartilos. Debe ser un experto na temática que trata e coñecer técnicas de busca en internet e ferramentas que permitan catalogar e compartir a información.
Non teño claro cal é o seu valor na comunidade educativa. É innegable a utilidade de ter un lugar de referencia para obter información, pero pérdese todo o que pode aprenderse na busca. Chegamos rápido ao destino, pero perdemos o camiño. E Corremos o risco de utilizar un recurso recomendado polo curator sen ter en conta outros que, aínda que sexan peores poden ser máis apropiados na situación onde queremos utilizalo.
Tamén é un perigo quedarse cunha fonte única de información. Como cando solo tiñamos un canal de televisión ou cando lemos sempre o mesmo xornal por comodidade. Aínda non hai empresas que utilizan un content curator de prestíxio para recomendar sempre os seus produtos?

3 - Contrasta tus propias competencias como Content Curator con las identificadas durante el proceso de análisis de este perfil.
 Non parecen as mellores. Fáltame moita práctica con ferramentas de filtrado da información, así como capacidade para publicar os contidos nun entorno que permita mostrar a súa utilidade en clases de matemáticas.

4 - Diseña un plan de mejora de tu perfil como Curator de contenidos educativos.
Imaxe de Raphaelle Ridarch con licenza CC by-nc-sa
Ben, empecemos por buscar o público ao que poden ir dirixidos eses contidos. De entrada se me ocurren dous colectivos:
  • O alumnado. Máis que atopar e filtrar contidos cóstame prantexar tarefas abertas que lles sexan atractivas. Ademáis darlles os contidos seleccionados vai contra a recomendación de non quedarse cunha única fonte.
  • Compañeiros do departamento. Non creo que a mellor maneira de traballar con eles sexa o de "mira que almacén de recursos máis bonito creei. Aquí tés de tó". Para conseguir que vexan a utilidade dalgunha ferramenta hai que pasar un rato con eles explicando o seu funcionamento e poñendo exemplos de uso. Ademáis, o uso ten que partir dunha necesidade. Pasar unha tarde mirando a aplicación dos códigos QR (por poñer un exemplo) por que a mi me da a ventolera é a mellor forma de perder o tempo.
Bueno, deixemos aparcados os destinatarios de momento. Imos dar un repaso ás ferramentas seguindo as cinco etapas propostas (buscar, filtrar e organizar, agregar valor, compartir e xerar novos contidos) para detectar donde é necesaria a mellora.
Nas técnicas de busca non hai problema, incluso nalgunha ocasión tiven que explicar o funcionamento dos buscadores. En canto ás de filtrado e organización, utilizo Google Reader e Diigo dun xeito básico. O plan de mellora debe empezar profundizando nas súas características e, no caso do Reader, buscando alternativas.
A partir de aquí entro en territorio descoñecido. Nunca utilizara as ferramentas propostas para dar valor á información e no primeiro contacto non acabo de ver a súa utilidade. Haberá que insistir, a ver se o tempo fai que cambie a opinión.
En canto á publicación, sou un caso perdido. Non me gustan os blogs, e case todo o que fago remata nalgunha aula Moodle.

lunes, 18 de marzo de 2013

Cibercorresponsales

Cibercorresponsales é unha rede social e un periódico dixital para menores promovida pola Plataforma da Infancia. Todo o publicado está escrito por menores de 18 anos. As contas as debe crear un organismo (instituto, concello, asociación, etc.) que asigna a unha persoa responsable do grupo.
Ofrecen formación nas TIC e as redes sociais, unidades didácticas, apoio técnico e apoio na dinamización.

Entre as guías didácticas está "Identidad digital: quién quieres ser en internet?", de cuxo apartado "Que elementos me identifican" collín o texto para esta infografía. Unha das imaxes procede da mesma páxina e as restantes de Wikimedia Commons, Pixabai e Milimagenes.


martes, 12 de marzo de 2013

Reflexións sobre o meu PLN

Seguindo co curso PLE: Aprendizaxe conectado en rede, hoxe teño que facer un artigo sobre as miñas relacións con outras persoas e o meu papel nas redes sociais. Parece fácil, así que collo papel e lápiz para facer un esquema das comunidades nas que colaboro e atopo... a nada.
Imos máis despacio, que debín esquecer algo. Empezo por redes xeralistas, que valen para todo, vamos. Pero é que non participo en ningunha:
  •  En Facebook abrín unha conta para explicar o funcionamento nun curso e desde que rematou non volvín entrar. Miro se podo recuperala, pero esquecín a contrasinal e a data de nacemento, así que nada. E cando nacería eu en Facebook, se poño datas distintas en todos os sitios?
  • En Google+ teño a conta abandonada, como case todo o mundo. Cando publico algo en Picasa engádeo automáticamente, pero é o único que teño.
  • En Twitter móvome por cursos. Abrin a conta nun taller de Antonio Garrido para Internet en el aula e, ao remate, abandoneina. Ata que resucitou ao empezar este curso. Hai catro anos empreguei Twitter co alumnado de 1º bacharelato, nunha actividade na que tiñan que facer en grupos unha presentación explicando o funcionamento de OpenOffice. Tiñan que usar a rede para poñerse en contacto cos compañeiros do grupo, que non sabían quen eran. Despoís creaban un grupo en Google para organizar as tarefas e repartir funcións. Aproveitando, pedinlles que as consultas sobre a publicación no blog tamén as debían facer en Twitter. Ninguén preguntou nada, pero como o traballo o facían ben e remataron as constantes preguntas "Como fago...?" que había cada vez que tiñan que publicar algo non quixen investigar moito. Aínda non sei se calificar a experiencia como un éxito ou un rotundo fracaso.
  • Últimamente recibo moitas invitacións para entrar en Linkedin, pero non vou aceptalas. Que vou facer nunha rede profesional cando teño contados os días para a xubilación?
Ben, de aquí non saco nada. Sigamos repasando outro tipo de redes.Teño montón de contas abertas en redes de profesores nas que exerzo un papel de lurker moooi pasivo. Coa miña mala memoria lembro Internet en el aula, REDuteka, scolarTIC e Didactalia. Prefiro non intentar entrar ahora polo que poda pasar. En Galicia levamos un ano traballando en Redeiras, donde participo máis activamente, pero sen pasarme.

Máis me gusta participar en traballos concretos en servizos que, aínda que non sexan redes sociais, si teñen unha gran componente social. Por exemplo, en Flickr participei en SOS Caurel e en Diigo no grupo matemáticas compartidas. Tamén administrei varias redes Ning, a maioría das veces asociadas a actividades organizadas polo CFR de Lugo. E na prehistoria, antes de que faláramos de redes sociais, estiven en varios grupos de eListas (qué sorpresa! aínda existe!), nalgún deles participando activamente.
Bueno, creo que deixei destripada a miña vida social. Se o meu titor corrixe ao peso poñerá o sobresaínte, non?

Imaxees procedentes de Open Clip Art Library

lunes, 4 de marzo de 2013

viernes, 1 de marzo de 2013

O meu PLE

Non parece que teña moita vida dixital comparado cos exemplos que viñan na tarefa