miércoles, 24 de abril de 2013

Netvibes

Entre as páxinas de inicio propostas no curso como alternativa a Symbaloo está Netvibes, un servizo que utilizo desde hai anos para gardar información de distinto tipo.
No ordenador da casa téñoo como páxina de inicio, cun panen donde podo ler o correo ou as últimas noticias aparecidas en xornais ou en blogs de lectura habitual. Tamén teño widgets cun calendario, o tempo, un espazo para notas, unha calculadora... Na páxina pode poñerse case calquera cousa de tres formas distintas: elixindo un dos complementos, un dos canais clasificados por categorías (noticias, deportes, viaxes,..) ou introducindo a fonte RSS.

A forma de engadir fontes é moi sinxela: na parte superior esquerda hai un botón verde co símbolo +, se elixe engadir unha fonte, poñemos o enderezo do rss e, cando a atopa, arrastramos o cadro ao lugar da páxina onde queremos velo.
Permite clasificar a información en pestanas, que poden ser privadas ou públicas.

Na clase téñoo utilizado para ver os blogs do alumnado nunha pantalla. Tamén para proporcionar enlaces ás seccións de tecnoloxía dos xornais, que utilizamos nunha actividade.
Tamén pode empregarse para crear o lifestream  en lugar do Tumblr ou o Frienfeed. Acabo de facelo e tiven problemas para incluír o Reader e o Diigo, pero creo que poden poñerse a través o ifttt.

Pódense atopar exemplos do uso de Netvibes polo profesorado. José Luis Gamboa ten unha completa colección de enlaces de páxinas de lingua española e literatura e a UNED una colección impresionante de referencias a recursos de diversos temas.
O seguinte titorial preparámolo no CFR de Lugo hai varios anos, pero o funcionamento case non cambiou:


No hay comentarios:

Publicar un comentario