jueves, 25 de abril de 2013

Despedida

Esta é a última tarefa do curso, na que debemos mostrar o PLE actualizado tras dos meses de traballo:
Tamén crear dúas listas en Twitter, unha con persoas relacionadas co PLE e a outra relacionadas coas matemáticas.
A primeira vista aumentaron as ferramentas empregadas, sobre todo na parte de filtrar contidos e comunicación. Agrupei nunha nube os apartados de comunicar e compartir, que moitas veces están relacionados. Tamén fixen unha gran nube con actividades non relacioandas coas TIC.

Non sei o uso que darei a todas estas ferramentas dentro duns meses. As que non me gustan xa as deixo de utilizar hoxe. O blog péchase con este artigo e dentro de pouco estará no "cementerio de los blogs olvidados" (paradoxa: o cementerio dos blogs esquecidos é un blog esquecido).
Tampouco creo que use Symbaloo. Deixo un panel con enlaces a bancos de imaxes que me gustaría transferir a quen poda aproveitalo.
Ás empregadas na creación da infografía non vou darlles moito uso, pero quizais prepare algunha tarefa para clase na que recomende empregalas, seguindo o modelo de esquemat.
Outras hai que abandonalas de forma obrigada. Sego buscando alternativas ao Reader, non me acaban de convencer nin Feedly nin Bloglines.

Moitas xa as empregaba antes do curso: Diigo, Netvibes, Evernote, Hootsuite. Axudan co traballo cotiá e pensar en quedar sen elas é unha pesadilla.

E queda un gran banco de ferramentas en observación: Scoop.it, Friendfeed, Zoho e un montón que das que foron aparecenco no Twitter e nos foros do curso.

Tamén seguirei o traballo dun montón de xente coa que tiven relación no curso e me axudou nalgunha das tarefas. O titor e moitos compañeiros de fatigas dos que ía aprendendo segundo facíamos os traballos: , , , , , , , ... Moitas grazas e oxalá coincidamos noutra actividade similar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario