O primeiro problema é que o "palabro" non axuda nad. Un plan de mellora en que? As alternativas "documentalista" e "intermediario crítico do coñecemento" fan pensar nunha tarefa ardua.
Como o texto da tarefa é abraiante, mellor seguir os catro pasos propostos, a ver a descomposición a facilita.
1 - Usando como guía esta rúbrica de autoevaluación que ya conoces y el gráfico de tu propio PLE, realizado en el bloque anterior del curso, identifica el nivel de madurez de tu presencia y participación digital y reflexiona sobre tus fortalezas y tus áreas de mejora.
| Imaxe de nscap con licenza CC by-sa |
Parece que hai moito marxe de mellora. Se hoube interese en participar na rede. No meu caso, falta o ingreciente principal.
2 - A partir de las ideas apuntadas en la documentación del curso ¿cuáles crees que deben ser las principales características de un buen Digital Content Curator y cuál es su valor dentro de una comunidad educativa?
O content curator debe buscar contidos na rede, organizalos, filtralos e compartilos. Debe ser un experto na temática que trata e coñecer técnicas de busca en internet e ferramentas que permitan catalogar e compartir a información.
Non teño claro cal é o seu valor na comunidade educativa. É innegable a utilidade de ter un lugar de referencia para obter información, pero pérdese todo o que pode aprenderse na busca. Chegamos rápido ao destino, pero perdemos o camiño. E Corremos o risco de utilizar un recurso recomendado polo curator sen ter en conta outros que, aínda que sexan peores poden ser máis apropiados na situación onde queremos utilizalo.
Tamén é un perigo quedarse cunha fonte única de información. Como cando solo tiñamos un canal de televisión ou cando lemos sempre o mesmo xornal por comodidade. Aínda non hai empresas que utilizan un content curator de prestíxio para recomendar sempre os seus produtos?
3 - Contrasta tus propias competencias como Content Curator con las identificadas durante el proceso de análisis de este perfil.
Non parecen as mellores. Fáltame moita práctica con ferramentas de filtrado da información, así como capacidade para publicar os contidos nun entorno que permita mostrar a súa utilidade en clases de matemáticas.
4 - Diseña un plan de mejora de tu perfil como Curator de contenidos educativos.
| Imaxe de Raphaelle Ridarch con licenza CC by-nc-sa |
- O alumnado. Máis que atopar e filtrar contidos cóstame prantexar tarefas abertas que lles sexan atractivas. Ademáis darlles os contidos seleccionados vai contra a recomendación de non quedarse cunha única fonte.
- Compañeiros do departamento. Non creo que a mellor maneira de traballar con eles sexa o de "mira que almacén de recursos máis bonito creei. Aquí tés de tó". Para conseguir que vexan a utilidade dalgunha ferramenta hai que pasar un rato con eles explicando o seu funcionamento e poñendo exemplos de uso. Ademáis, o uso ten que partir dunha necesidade. Pasar unha tarde mirando a aplicación dos códigos QR (por poñer un exemplo) por que a mi me da a ventolera é a mellor forma de perder o tempo.
Nas técnicas de busca non hai problema, incluso nalgunha ocasión tiven que explicar o funcionamento dos buscadores. En canto ás de filtrado e organización, utilizo Google Reader e Diigo dun xeito básico. O plan de mellora debe empezar profundizando nas súas características e, no caso do Reader, buscando alternativas.
A partir de aquí entro en territorio descoñecido. Nunca utilizara as ferramentas propostas para dar valor á información e no primeiro contacto non acabo de ver a súa utilidade. Haberá que insistir, a ver se o tempo fai que cambie a opinión.
En canto á publicación, sou un caso perdido. Non me gustan os blogs, e case todo o que fago remata nalgunha aula Moodle.

