No curso #PLE_INTEF soamente falamos das redes xeralistas, pero hai varias redes sociais específicas para o profesorado nas que é aconsellable participar. Recoméndasme algunha máis?
Internet en el aula
Creada cunha rede Ning o ano 2008 coincidindo co congreso Internet en el aula que se celebrou simultánemente en catro cidades e ao que tiven a sorte de asistir na sede de Santander.
É unha rede moi activa, contínuamente están organizando talleres e webinars. Moi recomendable.
Didactalia
Creada con Gnoss, ten un apartado de recursos educativos impresionante. Está a punto de celebrar o III Congreso Didactalia os días 10 e 11 de maio en La Rioja.
Reduteka
De reciente creación a partir de Eduteka, páxina colombiana que non convén perder de vista para estar ao día nas novas tendencias educativas, traballo por proxectos, Scartch e moitos máis temas.
Rede da Organización de Estados Iberoamericanos
Nesta anoteime hai uns días para observar o foro Iberciencia: docentes de matemáticas polas metas educativas 2021. Tamén está creada con Ning.
Mostrando entradas con la etiqueta #PLN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #PLN. Mostrar todas las entradas
miércoles, 24 de abril de 2013
martes, 12 de marzo de 2013
Reflexións sobre o meu PLN
Seguindo co curso PLE: Aprendizaxe conectado en rede, hoxe teño que facer un artigo sobre as miñas relacións con outras persoas e o meu papel nas redes sociais. Parece fácil, así que collo papel e lápiz para facer un esquema das comunidades nas que colaboro e atopo... a nada.
Imos máis despacio, que debín esquecer algo. Empezo por redes xeralistas, que valen para todo, vamos. Pero é que non participo en ningunha:
Máis me gusta participar en traballos concretos en servizos que, aínda que non sexan redes sociais, si teñen unha gran componente social. Por exemplo, en Flickr participei en SOS Caurel e en Diigo no grupo matemáticas compartidas. Tamén administrei varias redes Ning, a maioría das veces asociadas a actividades organizadas polo CFR de Lugo. E na prehistoria, antes de que faláramos de redes sociais, estiven en varios grupos de eListas (qué sorpresa! aínda existe!), nalgún deles participando activamente.
Bueno, creo que deixei destripada a miña vida social. Se o meu titor corrixe ao peso poñerá o sobresaínte, non?
Imos máis despacio, que debín esquecer algo. Empezo por redes xeralistas, que valen para todo, vamos. Pero é que non participo en ningunha:
- En Facebook abrín unha conta para explicar o funcionamento nun curso e desde que rematou non volvín entrar. Miro se podo recuperala, pero esquecín a contrasinal e a data de nacemento, así que nada. E cando nacería eu en Facebook, se poño datas distintas en todos os sitios?
- En Google+ teño a conta abandonada, como case todo o mundo. Cando publico algo en Picasa engádeo automáticamente, pero é o único que teño.
- En Twitter móvome por cursos. Abrin a conta nun taller de Antonio Garrido para Internet en el aula e, ao remate, abandoneina. Ata que resucitou ao empezar este curso. Hai catro anos empreguei Twitter co alumnado de 1º bacharelato, nunha actividade na que tiñan que facer en grupos unha presentación explicando o funcionamento de OpenOffice. Tiñan que usar a rede para poñerse en contacto cos compañeiros do grupo, que non sabían quen eran. Despoís creaban un grupo en Google para organizar as tarefas e repartir funcións. Aproveitando, pedinlles que as consultas sobre a publicación no blog tamén as debían facer en Twitter. Ninguén preguntou nada, pero como o traballo o facían ben e remataron as constantes preguntas "Como fago...?" que había cada vez que tiñan que publicar algo non quixen investigar moito. Aínda non sei se calificar a experiencia como un éxito ou un rotundo fracaso.
- Últimamente recibo moitas invitacións para entrar en Linkedin, pero non vou aceptalas. Que vou facer nunha rede profesional cando teño contados os días para a xubilación?
Máis me gusta participar en traballos concretos en servizos que, aínda que non sexan redes sociais, si teñen unha gran componente social. Por exemplo, en Flickr participei en SOS Caurel e en Diigo no grupo matemáticas compartidas. Tamén administrei varias redes Ning, a maioría das veces asociadas a actividades organizadas polo CFR de Lugo. E na prehistoria, antes de que faláramos de redes sociais, estiven en varios grupos de eListas (qué sorpresa! aínda existe!), nalgún deles participando activamente.
Bueno, creo que deixei destripada a miña vida social. Se o meu titor corrixe ao peso poñerá o sobresaínte, non?
Imaxees procedentes de Open Clip Art Library
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





