martes, 12 de marzo de 2013

Reflexións sobre o meu PLN

Seguindo co curso PLE: Aprendizaxe conectado en rede, hoxe teño que facer un artigo sobre as miñas relacións con outras persoas e o meu papel nas redes sociais. Parece fácil, así que collo papel e lápiz para facer un esquema das comunidades nas que colaboro e atopo... a nada.
Imos máis despacio, que debín esquecer algo. Empezo por redes xeralistas, que valen para todo, vamos. Pero é que non participo en ningunha:
  •  En Facebook abrín unha conta para explicar o funcionamento nun curso e desde que rematou non volvín entrar. Miro se podo recuperala, pero esquecín a contrasinal e a data de nacemento, así que nada. E cando nacería eu en Facebook, se poño datas distintas en todos os sitios?
  • En Google+ teño a conta abandonada, como case todo o mundo. Cando publico algo en Picasa engádeo automáticamente, pero é o único que teño.
  • En Twitter móvome por cursos. Abrin a conta nun taller de Antonio Garrido para Internet en el aula e, ao remate, abandoneina. Ata que resucitou ao empezar este curso. Hai catro anos empreguei Twitter co alumnado de 1º bacharelato, nunha actividade na que tiñan que facer en grupos unha presentación explicando o funcionamento de OpenOffice. Tiñan que usar a rede para poñerse en contacto cos compañeiros do grupo, que non sabían quen eran. Despoís creaban un grupo en Google para organizar as tarefas e repartir funcións. Aproveitando, pedinlles que as consultas sobre a publicación no blog tamén as debían facer en Twitter. Ninguén preguntou nada, pero como o traballo o facían ben e remataron as constantes preguntas "Como fago...?" que había cada vez que tiñan que publicar algo non quixen investigar moito. Aínda non sei se calificar a experiencia como un éxito ou un rotundo fracaso.
  • Últimamente recibo moitas invitacións para entrar en Linkedin, pero non vou aceptalas. Que vou facer nunha rede profesional cando teño contados os días para a xubilación?
Ben, de aquí non saco nada. Sigamos repasando outro tipo de redes.Teño montón de contas abertas en redes de profesores nas que exerzo un papel de lurker moooi pasivo. Coa miña mala memoria lembro Internet en el aula, REDuteka, scolarTIC e Didactalia. Prefiro non intentar entrar ahora polo que poda pasar. En Galicia levamos un ano traballando en Redeiras, donde participo máis activamente, pero sen pasarme.

Máis me gusta participar en traballos concretos en servizos que, aínda que non sexan redes sociais, si teñen unha gran componente social. Por exemplo, en Flickr participei en SOS Caurel e en Diigo no grupo matemáticas compartidas. Tamén administrei varias redes Ning, a maioría das veces asociadas a actividades organizadas polo CFR de Lugo. E na prehistoria, antes de que faláramos de redes sociais, estiven en varios grupos de eListas (qué sorpresa! aínda existe!), nalgún deles participando activamente.
Bueno, creo que deixei destripada a miña vida social. Se o meu titor corrixe ao peso poñerá o sobresaínte, non?

Imaxees procedentes de Open Clip Art Library

2 comentarios:

  1. Hola,
    es la primera vez que leo gallego. Bonita lengua. He aprendido bastante con tu blog.
    La actividad de twitter en 1º de bachiller creo que es un éxito. Me parece muy buena idea. Sólo que creo que a veces tenemos que darnos una segunda oportunidad en estos proyectos.

    Me gusta mucho tu blog. Siento no escribir en Galego.

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias Carmen
    El gallego es una lengua muy dulce para escuchar, muy melodiosa. Yo hablo mal por mi acento navarro, muy cerrado a pesar de los años que llevo viviendo en Galicia, pero me acostumbré a escribir y ya sale solo.
    ¿De verdad tuviste la paciencia de lerlo completo?

    ResponderEliminar