martes, 23 de abril de 2013

Deseño dunha actividade

Na tarefa 4.2 do curso PLE_INTEF pídese o deseño dunha actividade para levar á aula, tendo en conta a incorporación do PLE do alumando nela. Para realizar esta actividade adaptei unha vista no proxecto eTwinning GOAL! Go outside and learn, que acadou o premio nacional no 2012. Trátase dun estudo das ramplas de acceso para minusválidos no instituto.
O prantexamento está feito con pouco rigor, intentando sacar adiante as tarefas pendentes dun curso para as que fixen unha mala distribución do tempo. Antes de poñela en práctica hai que facer un deseño máis detallado e pensar en moitos detalles pendentes.

sábado, 13 de abril de 2013

Musiquiñas da fin de semana

Rogelio Botanz e Fabiola Socas - Amistades particulares

Hoxe estiven nun concerto de Rogelio Botanz no museo provincial de Lugo. Comezou cunha demostración de silbo gomero, xunto a dous rapaces alumnos seus, explicándo as características desta lingua.
A continuación, unhas cancións cantadas co único acompañamento da guitarra e a simpatía. Impresionante.

jueves, 11 de abril de 2013

Recursos fotográficos en Symbaloo

Seguindo coas tarefas do curso PLE_INTEF, e aproveitando que tiña ganas de ordenar un montón de recursos fotográficos na rede que tiña dispersos por varios sitios, agrupeinos todos nun taboleiro.

Panel Synbaloo con ferramentas fotográficas

Contén cinco tipos de recursos: información sobre fotografía (iconos marróns), ferramentas fotográficas online (laranxas), bancos de recursos con licenzas libres (azuis), bancos de recursos con copyright que me pareceron moi interesantes (rosas)  e lugares donde publico fotos (blancos).
Non estou moi contento co resultado. Quizáis elimine algunha ferramenta online para engadir algún banco que esquecín ao crear o taboleiro. Tamén ando explorando algún lugar de publicación, pensando en abandonar Picasa.

Panel Synbaloo co meu PLE
Tamén estou facendo outro taboleiro coas ferramentas que utilizo habitualmente, máis en consonancia co pedido no curso.
Téñoo sen terminar e non vou facelo público. Creeino para poñelo como páxina de inicio, pero creo que vou quedar co Netvibes.

Non me gusta Symbaloo. Non engade ningunha información aos botóns, se manteño a imaxe proposta polo sitio queda moi pequena en moitos casos e confundo os botóns ao ter todo tan apelotonado.
A colocación dos bloques paréceme farragosa. Como páxina de inicio vexo máis sinxelo creala directamente cun editor de HTML, tal como faciamos hai quince anos, ou poñer unha etiqueta no Diigo.
A orientación social da páxina paréceme escasa. Non vexo como facer comentarios nos paneis doutras persoas nin como crear un colaborativo, o que quizáis me decidiría a empregar o programa nalgunha actividade.
En fin, unha ferramenta que é interesante coñecer, pero á que non vou dar moito uso.

viernes, 5 de abril de 2013

Complementos do Firefox

No exercicio 3.4 temos que probar complementos do navegador. A primeira parte é moi fácil: temos que instalar Firefox ou Chrome. Teño instalados Firefox e Chromium, así que xa está ben. Vou empezar co firefox, que é o que uso máis a menudo.
Xa tiña instaladas a barra do do Diigo e botóns de Evernote, Clearly, DownloadHelper, Feedy e Scoop.it. Prevendo que pode aumentar o espazo da pantalla ocupado polos complementos pido un ordenador prestado: co meu netbook xa case non queda espazo para ver as páxinas. Preparo unha copiña de viño, poño un disco de Ben Webster no Deezer e empezo a buscar complementos.

SimilarWeb (http://www.similarweb.com/)
Esto o mostra cando estou en Symbaloo
Instala un iconiño na barra de navegación que, ao pulsar nel, mostra información da páxina que estou vendo e unha lista de páxinas similares. Se pulso cando estou en "La voz de Galicia" mostra un listado de xornais galegos.
Cando estou en Descartes non mostra nada parecido. Aparece o banco de imaxes do INTEF, páxinas de varias comunidades, Educared e Vitutor, a única relacionada coas matemáticas. En Geogebra.org parece que funciona mellor: vexo Geogebratube, a páxina de descargas en Softonic e varias ferramentas matemáticas. Teño que explorar Dynageo e Geonext, que non coñezo. Lástima que as páxinas están en alemán.

FVD Speed Dial with Full Online sync
Administración de FVD Speed Dial
Na explicación que ven na páxina de instalación parece unha maravilla: "Incluye botón Speed Dial, sincronización en línea, página de inicio en nueva pestaña, organizador de marcadores y grupos, fondos y diales personalizados, diales más visitados, ¡y mucho más!".
Cando reinicio o navegador non vexo ningún botón novo. Pulsando co botón dereito nalgún lugar da páxina vexo "Añadir a Speed Dial". De momento non lle dou, non sei que vai engadir nin donde.
Vou ao administrador de complementos e atopo unha sorpresa: de verdade hai que mirar todo esto para configurar unha extensión!
Parece que podo crear unha páxina de inicio coas páxinas marcadas. Algo similar a Symbaloo? Creo que esto vai dar para outro artigo do blog, así que de momento apárcoo. Voltarei a esta extensión ao rematar o curso.
Vaia! Ahora vexo o botoncillo que non vira antes entre  a caixa de enderezos e a do buscador. Pulsando nel abre unha pestana con enlaces a varias páxinas "populares". Confirmo que pode ser unha alternativa a Symbaloo, pero hai que explorar máis. Vexo unha ferramenta moi útil: garda as páxinas pechadas recentemente. Ideal para os que pechamos as máis interesantes antes de anotar o enderezo.

SimpleWebCapture
Esta xa a tiven instalada hai tempo e un día, misteriosamente, desapareceu. Permite gardar unha páxina web como imaxe en formato PNG, deixando gardala enteira, a área visible ou un elemento. Empregábaa como capturador de pantalla ao facer titoriais explicando as características dalgunha web. Non sei se é válida como ferramenta de creación.

Texto a voz
Non ten boa pinta. Xa no me gustou que ao reiniciar tras a instalación mostre a páxina de Babylon. Instala un botón na barra de complementos, e tamén funciona coa entrada "speak it" ao pulsar co botón dereito. Configuro o idioma castelán e voz de muller, abro o xornal público na nova que di que o tribunal constitucional portugués declara inconstitucionais media docena de recortes (un se ilusiona como pode), pulso no botón e... escoito un son intelixible. Miro noutra páxina e o mesmo. Xa está o complemento eliminado!

Esto levou máis tempo do que pensaba. Deixou de soar Ben Webster e ahora canta Omara Portuondo e o vasiño xa está baleiro. E cúmplese o da viñeta de Explosm.net que vin en Mangas Verdes:


Musiquiñas da fin de semana

Orballo - Eume

sábado, 30 de marzo de 2013

Matemáticas: software libre e utilidades en internet

Seguindo coas tarefas co curso, levo uns días pelexando co Scoop.it
A primeira dúbida foi na búsqueda do tema. Non quixen que fose moi xeral pola abundancia de recursos que podería atopar, o que non deixaría facer unha correcta avaliación do programa. Ao final decidinme software matemático, centrándome sobre todo no software libre, aínda que tamén vou engadir algunha ferramenta web.


Pulsando en Sugested content - Menage sources ábrense as ferramentas que permiten engadir fontes ou facer buscas en google, Youtube, Slideshare, etc. Primeiro engadín un montón de palabras no buscador: software libre, matemáticas, álxebra, análise, xeometría... Acabé borrando case todos. Os resultados obtidos obrigaban a pasar moito tempo seleccionando, sen contar con que palabras como análise ou funcións daban moitas páxinas non relacionadas coas matemáticas.
Ao final busquei ferramentas xa coñecidas (GeoGebra, Scilab...) e engadín enderezos de blogs de software libre, matemáticas e ferramentas web 2.0. Ao final os resultados están sendo bos, pero aínda hai moito que filtrar.

Dous fallos graves que cometín: nos recursos engadidos non estou poñendo etiquetas nin comentándoos. O das etiquetas pode ser moi importante no futuro para atopar recursos relacionados cunha ferramenta ou un tema. O de comentar os recursos propostos está dentro dos pecados capitais que cometen os malos curadores segundo a presentación de Ramiro Aduviri: non engadir valor adicional. Pero dame moita pereza, así que van quedar así.

En fin, que a ferramenta estame gustando e a vexo moi útil para buscar e seleccionar recursos, aínda sen ter intención de facer de curator.